Goza da cultura e doa para os bancos de alimentos.
O programa
O alimento e a arte comparten un mesmo fin: nutrir; un nutre ao corpo, o outro ao espírito.
Sobre esta premisa convidámosvos a gozar da arte, da música, do teatro… ao tempo que realizades unha acción solidaria ao depositar alimentos destinados aos Bancos de Alimentos locais nos colectores habilitados nos nosos espazos. Cultura por alimentos é #ilusión compartida. ¡Grazas pola túa colaboración!
O programa
En Afundación, Obra Social ABANCA, ofrecémosche acceso aos nosos eventos culturais a cambio da túa contribución solidaria: alimentos non perecedoiros ou produtos de primeira necesidade.
Só tes que traer a túa doazón e depositala nos contedores que atoparás na entrada das nosas sedes en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e nos nosos Espazos +60.
O teu xesto solidario será o «prezo» da túa entrada, e con el estaremos a axudar ás persoas que máis o necesitan.
Cultura por alimentos é un programa de Afundación en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e contigo.
En cifras
Cultura por alimentos recolleu
3477 Kg
Arroz
52313 Kg
Pasta
4161 Kg
Legumes
13099 Ud
Conservas
2558 L
Leite
1800 L
Aceite
4890 Kg
Infantís
Santiago de Compostela
Ata o 18 de febreiro